vigo.entrefamilias non se fai responsable dos posibles cambios en horarios, datas ou cancelacións que poidan producirse en cualquera dos eventos mencionados.

AXENDA DE ACTIVIDADES

Xornadas de Portas Abertas para nenos e nenas no Club Vigo Squash durante o mes de setembro.

Para nenas e nenos de 7 a 16 anos.
Horarios para probar:
De luns a venres de: 17:45 a 18:15 h., de 18:15 a 18:45 h. e de 18:45 a 19:15 h.
Lugar: Estadio Municipal de Balaídos (entrada pola porta 18).

Máis información.

Feira: Mercado de Productos Tradicionais Galegos ao aire libre o 11 de setembro no Paseo de Alfonso XII.


Horario: de 10:30 a 13:30 h.
As edicións sucesivas serán o primeiro domingo de mes, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan; en caso de mal tempo, trasladaráse para outro día do mes.

Información.

Obradoiros de cociña da Aula de Cociña Caixanova para pequenos e maiores.

"Cociña para nenos":
Duración do curso: 4 sesións de dúas horas (en outubro e novembro: sábados de 11:00 a 13:00 h; en decembro, de 11:00 a 13:00 h. ou de 18:00 a 20:00 h. os días 27, 28, 29 e 30)
Idade: de 10 a 14 anos.
Prezo: 30 euros.

Programa completo de cursos para nenos/as e adultos de outubro, novembro e decembro.

Obradoiro para facer un instrumento electrónico a partir dun xoguete no Marco.

Data: 28 de setembro.
Horario: de 18:00 a 20:00 h.
Inscricións: do 6 ao 24 de setembro en obradoiros@espazossonoros.org
Idade mínima: 14 anos.
Máximo: 13 participantes.

Toda a información.

"VIII Festa do Marisco de Vigo" do 9 ao 12 de setembro no Porto Pesqueiro.

Exposición de coches de época, pasarrúas, concertos, exposición de embarcacións tradicionais e saídas a navegar, carreira, hinchables, trofeo de fútbol 7 e, por suposto, marisco.

Programa completo e prezos.

"Red Bull Autos Locos": carreira polo centro de Vigo o 19 de setembro.

Comezo da carreira ás 11:00 h. cunda duración aproximada de 3 horas.
Percorrido de 820 m: dende a Gran Vía continuando por Urzáiz e rematando en Colón.

Máis información.
Xogo de carreiras.

"Reciclaxe 10" na zona de Churruca o 4 de setembro.

Horario: de 11:00 a 23:00 h.
Obradoiro de reciclaxe para nenos/as: 12:00 h. no Ruralita.

Ademáis: mercadillo de roupa, complementos, cómics, cd's, fogar, electrónica, exposicións, dj's e música en directo, sesión vermú, pinchos e tapas a prezos populares...


Máis información.

Aberto o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais

Escolas para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, hockey sobre patíns, iudo, karate, loita olímpica, loita e loita galega tradicional, natación sincronizada, patinaxe, squash, taekwondo, tenis, tenis de mesa, tiro con arco, triatlón, voleibol, xadrez, ximnasia acrobática e cama elástica, ximnasia artística e acrobacia, ximnasia rítmica. Tamén, natación e baloncesto en cadeira de rodas para discapacitados físicos e psíquicos.
Prezo: 39,25 euros/curso, agás a natación sincronizada: 100,80 euros/curso
Escolas para adultos: defensa persoal para maiores, tenis de mesa e tiro con arco.
Prezo: 117,60 euros/curso

Matrículas:
Do 2 ao 3 de setembro: antigos alumnos de patinaxe.
Do 6 ao 8 de setembro: antigos alumnos de ximnasia rítmica e tenis.
Do 13 ao 16 de setembro: todas as modalidades de antigos alumnos.
Do 21 ao 23 de setembro: todas as modalidades de antigos e novos alumnos.
A partir do 27 de setembro: adultos

Máis información e tfno. 986 236 809.

XI Feira Franca en Pontevedra o 3 e o 4 de setembro.

Mercado medieval, pasarrúas, cantares de cego e música medieval, obradoiro de bailes medievais, cetrería, tiro con arco, torneo medieval ...
Máis información.
Programación.

Guía do Ocio de Vigo do mes de setembro.


Guía do Ocio.