vigo.entrefamilias non se fai responsable dos posibles cambios en horarios, datas ou cancelacións que poidan producirse en cualquera dos eventos mencionados.

AXENDA DE ACTIVIDADES

Programa de Entroido Vigo 2012.

Venres 17 na Praza da Constitución a partir das 19:00 h: Treboadas e animación de rúa, pregón por Siniestro Total, entronización do rei e a raíña do entroido e concurso de coplas.
Sábado 18: animación de rúa pola zona centro a partir das 17:00 h, desfile de carrozas e comparsas ás 18:00 h (Percorrido: saída da rotonda de Isaac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol) e verbena na Porta do Sol ás 22:30 h (Orquestras "Bámbola" e "Jerusalén").
Domingo 19 e luns 20: Entroido infantil con actividades de animación, xogos, obradoiros ... de 17:00 a 20:00 h. na Praza de Compostela.
Martes 21: Animación de rúa pola zona centro, concurso de disfraces ás 18:30 h. na Praza de Compostela (hai que apuntarse alí mesmo de 17:00 a 18:00 h.) e verbena a partir das 22:15 h. na Porta do Sol (Orquestra "Costa Oeste")
Mércores 22: Exequias funerarias a partir das 18:00 h. na Praza da Constituión e acompañamento da comitiva (Praza da Constitución, Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e Porta do Sol) e sepelio do Deus Momo na Praza da Constitución ás 19:30 h.

Programación completa.
Máis información.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Moitas gracias por comentar.
Interésanos moito a túa opinión. Usa o teu sentido común e comenta sobre o tema da entrada, non poñas todo o comentario en maiúsculas e, por suposto, non insultes nin descalifiques a ninguén.